Sergio Herrería Alonso é Enxeñeiro de Telecomunicación e Doutor Enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade de Vigo dende 2001 e 2006, respectivamente. Na actualidade é profesor titular da Universidade de Vigo e membro do Departamento de Enxeñería Telemática e do grupo de investigación Laboratorio de Redes. A súa investigación céntrase na análise de mecanismos de calidade de servizo na Internet, nas redes e tecnoloxías IoT, e no deseño de redes de comunicacións máis eficientes dende o punto de vista enerxético. Nestes temas publicou máis de cincuenta artigos en congresos e revistas internacionais, a maioria deles cun alto índice de impacto (rangos Q1 e Q2) no “WOS-Journal Citation Report”, acadando así un índice H de 12 (Scopus).
Doutor en Enxeñaría de Telecomunicación, 2006
Universidade de Vigo
Enxeñeiro de Telecomunicación (Especialidade: Telemática), 2001
Universidade de Vigo
E. Enx. Telecomunicación
Despacho B104
Cuestiones de redes de datos: Principios y protocolos é un libro que pretende axudar ao alumno a asentar, mediante exercicios concretos, os conceptos básicos das arquitecturas de rede actuais.