Miguel Rodríguez Pérez é Enxeñeiro de Telecomunicación dende 2001 e Doutor Enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade de Vigo dende 2006. Na actualizade exerce como profesor titular na Universidade de Vigo, onde é membro do Departamento de Enxeñaría Telemática. A súa investigación, desenvolvida no grupo “Laboratorio de Redes”, céntrase na mellora das prestacións de tecnoloxías nos niveis de subredes, rede e transporte da arquitectura de Internet. En particular, nos últimos anos, centrándose na: mellora dos mecanismos de control da conxestión, o desenvolvemente e análise de mecanismos de aforro enerxético en varias tecnoloxías de enlace e na procura de novos protocolos de encamiñamento enerxéticamente eficientes. Froito deste traballo foi a publicación de máis de trinta artigos en congresos e revistar internacionais, a maioria delas cun alto índice de impacto no «Journal Citations Reports».
Doutor en Enxeñaría de Telecomunicación, 2006
Universidade de Vigo
Enxeñeiro de Telecomunicación (Especialidade: Telemática), 2001
Universidade de Vigo
Campus remoto
Atendo titorías en horario concertado: Secretaría Online
Sala de titorías no campus remoto.
Cuestiones de redes de datos: Principios y protocolos é un libro que pretende axudar ao alumno a asentar, mediante exercicios concretos, os conceptos básicos das arquitecturas de rede actuais.